Friday 29 de March de 2024

Seminarioa de Defensa persoal feminina


Ortigueira acolleu este sábado o primeiro dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina organizados pola Deputación da Coruña.

As mulleres inscritas para este primeiro curso tiveron a oportunidade de aprender e ensaiar técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante unha posible situación de perigo. A concelleira de Igualdade, María Lamelas Pena, foi a encargada de entregar os diplomas ás participantes.

Os talleres son gratuítos e están dirixidos á persoas de 14 a 70 anos empadroadas en calquera concello da provincia da Coruña. Nas aulas apréndense técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal. Deste xeito, descubrirán como situarse, afianzarse, saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia.